top of page
Writer's pictureireaferreiro

5 preguntas e 1 consello: Coleen Quigley




Ola a tod@s! Hoxe tráiovos a unha atleta incrible, Colleen Quigley. É sen dúbida unha das mellores corredoras de obstáculos no plano internacional agora mesmo e unha deportista realmente inspiradora. É unha desas corredoras cunha historia asombrosa, como deixou a súa carreira de modelo para dedicarse profesionalmente ao atletismo, como chegou a ser olímpica... Déixovos ao final a ligazón á súa web para que poidades consultar a súa traxectoria con máis detalle. Colleen rematou 8ª nos 3000 m obstáculos en Río e 12ª na mesma proba nos Campionatos do Mundo de 2015. Tamén obtivo nove NCAA All-American mentres corría para a Florida State University, entre os seus moitos logros e outros por vir, xa que ten os ollos postos nos Xogos Olímpicos de 2021 en Tokio. Aquí tedes as 5 preguntas de Colleen, que as desfrutedes!




- Cando empezaches a correr e por que?

Empecei a correr na escola primaria, pero non me gustaba moito. Volvín retomalo no instituto e encantoume porque me encantaba formar parte do equipo de cross.


- Que crees que é máis importante nun atleta, a mente ou o corpo, e por que?

Adoitaba pensar que correr era un deporte moito máis físico, pero a medida que fun medrando, deime conta do poder da mente e da importancia de traballar no teu xogo mental.


- Quen é a túa maior inspiración no mundo do atletismo?

A maioría das miñas maiores inspiracións non son corredores. Admiro a mulleres como Naomi Osaka, alguén que é moi boa no seu deporte, a mellor no que fai, pero que tamén traballa moito fóra do seu deporte para ter un impacto no mundo e falar en favor das minorías e as comunidades desfavorecidas. O seu impacto séntese fóra do tenis e utiliza a súa fama no seu deporte para amplificar a súa mensaxe real. Esa é unha forma realmente inspiradora de vivir a vida e deixar un legado.


- Cal é o teu próximo obxectivo?

O meu próximo gran obxectivo é clasificarme para os meus segundos Xogos Olímpicos e competir por unha medalla en Tokio este verán.


- Así que, gran pregunta, cal cres que é a clave do éxito no deporte?

Non creo que haxa unha soa clave para o éxito. Hai moitos compoñentes diferentes que se unen para lograr grandes cousas. Sempre busco maximizar o potencial que teño traballando no meu xogo mental e físico e rodeándome de persoas que me apoian e inspiran para medrar e pensar máis grande e facer máis.



Espero que vos gustara isto!


Unha aperta e ata pronto!

6 views0 comments

Recent Posts

See All

留言


bottom of page