top of page
Writer's pictureireaferreiro

Adeus, verán



Eu aquí, despedíndome do sol e do verán. Xa é hora de gardar a crema solar e o pucho para sacar o chuvasqueiro e as camisetas térmicas. Estamos en outono e iso trae moitos cambios.


Eu comecei hoxe o instituto, e iso que significa? Pois significa erguerse cedo, saír a correr, estar sentada durante cinco horas nunha aula, estudar, deberes, exames, traballos... Moitas horas de estar sentada, uff, demasiadas horas de estar sentada.



En momentos coma este doume conta do moito que me fai falla saír a correr. Aínda que ás veces non é fácil compaxinar o deporte cos estudos, o esforzo de levantarse un pouco máis cedo ou deitarse un pouco máis tarde para poder calzar as zapatillas e despexala cabeza definitivamente merece a pena.



Ata pronto!

14 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page