top of page
Writer's pictureireaferreiro

Estudante e atleta?

Updated: Sep 28, 2020



Todas as atletas que están no instituto ou na universidade saben de que vai isto. Non é sinxelo compaxinar a vida escolar e a vida deportiva. Non é sinxelo estudar para todos os exames e facer todos os deberes e ir a clase e adestrar e competir. Simplemente non é sinxelo e ás veces non se nos dan todas as facilidades para equilibrar ambas actividades.

Vin moitas rapazas e rapaces da miña idade ter que deixar o deporte para saír adiante academicamente. Ogallá que tiveramos un sistema educativo que nos permitira ser estudantes e atletas (e poder estar ao máximo nivel en ambos) e non ter que elixir entre dúas actividades que teñen un papel clave na nosa formación como persoas. Pero por desgraza eu atópome moitas veces facendo malabares para atopar tempo cando adestrar e en épocas intensas teño relegado o atletismo a un segundo plano ou incluso renunciar a competir para manter as miñas notas onde as quería.


Ás veces é difícil, si. Pero dunha maneira ou outra, cando isto é o que nos gusta, sempre acabamos atopando a maneira de facelo funcionar. Como no meu caso igual é a organización levada ao extremo, cada un terá o seu método.


Unha aperta e ata pronto!

17 views0 comments

Recent Posts

See All

Comentários


bottom of page