top of page
Writer's pictureireaferreiro

Barriñas de arandos



Xa fai un mundo que non publico nada! Xa levo máis dun mes de clases e a verdade é que non teño tanto tempo coma antes. E máis agora que entramos na época de exames, así que non creo que me vexades moito por aquí ata o Nadal.

En fin, hoxe que atopei un minutiño para escribir ocorréuseme traervos algo rico. Por algunha razón paréceme que esta é unha receita de outono, pero xulgade por vos mesmos.


Ingredientes:

- 95 g de noces trituradas

- 2 plátanos

- 120 ml de aceite de oliva virxe

- 200g de panela (ou azucre moreno)

- ½ culleradiña de extracto de vainilla

- 230 g de avea

- 95 g de fariña

- 1 culleradiña de levadura

- ½ culleradiña de canela

- 90 g de arandos deshidratados


Proceso:

Prequenta o forno a 180 ºC. Nun bol, machaca os plátanos, engade o aceite, azucre e extracto de vainilla. Mestura todo. Noutro bol pon a avea, fariña, levadura e canela. Mestura e engade ao bol anterior. Engade as noces e arandos. Enforna durante 25-30 minutos. Deixa arrefriar totalmente antes de cortar.




Que aproveite! Unha aperta e ata pronto!

14 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page