Esta é das mellores! Perfecta para un petisco antes ou despois de adestrar (ou en calquera outro momento a decir verdade...).
Ingredientes:
10 dátiles.
1/2 taza de anacardos.
1 cullerada de sementes de chía.
3 culleradas de crema de cacahuete.
1 culleradiña de canela.
1/2 taza de avea.
Preparación:
Primeiro sácalle as sementes aos dátiles e tritúraos. Tritura tamén os anacardos e mesturaos cos dátiles. Engade as sementes de chía, a crema de cacahuete e a canela e mestura de novo. Por último engade a avea e remexe ata que quede unha masa pastosa e homoxénea. Dálle á mestura forma de boliñas. Méteas no conxelador un par de horas e listas! Consérvaas sempre dentro do conxelador.
Unha aperta e ata a próxima!
コメント