Estiven pensando como comezar a sección de comida deste blog e ocorréuseme empezar cunha das miñas receitas favoritas: galletas de avea. Todos os ingredientes que eu uso son naturais e non procesados, en fin, supoño que esa é a gracia de non mercalas xa feitas no supermercado, non? Aquí vai...
Ingredientes:
6 culleradas de crema de cacahuete.
1 taza de panela (ou azucre moreno).
1 cullerada de mel.
2 ovos.
1 culleradiña de extracto de vainilla.
1 taza de fariña.
1 culleradiña de levadura.
1/4 de taza de cacao puro.
1 taza e 1/2 de avea.
3/4 de taza de pividas de chocolate negro.
1/2 taza de noces trituradas.
Instruccións:
Nun recipiente combina a crema de cachuete, panela e mel. Mestura ata que esté cremoso. Engade os ovos e o extracto de vainilla e volve mesturar. Noutro recipiente mestura a fariña, levadura e cacao. Engade os ingredientes secos aos mollados e mestura ata que quede homoxéneo. Engade a avea, noces e pividas de chocolate e mestura de novo. Prequenta o forno a 190ºC. Prepara unha bandexa con papel de forno e vai colocando porcións de masa. Enforna durante 10 ou 12 minutos e deixa enfriar. Listas!
Cuando queme la cocina va a ser tu culpa pero tienen muy buena pinta. :)))))