BuenaForma
- ireaferreiro
- Sep 8, 2020
- 1 min read

Ao principio deste verán, saíndo dunha lesión e dun período de relativa inactividade debido ao confinamento, deime conta de que aos meus adestramentos faltáballes unha parte máis técnica que eu, por descoñecemento, era incapaz de aportarlles.
Foi entón cando contactei con BuenaForma e coñecín a Héctor, que dende o momento cero comprendeu o que buscaba e axudoume en todo o posible.
Foron uns meses nos que aprendín moitísimo duns auténticos profesionais do deporte, de como mellorar a eficacia e previr lesións, unha cara do adestramento previamente descoñecida para min.
Aquí vos deixo o enlace da súa web e o seu instagram por se queredes votarlle un ollo:
@buenaformaorg
Moitísimas grazas BuenaForma!
Comments