top of page
Writer's pictureireaferreiro

Corredora



Corredora é un libro de atletismo, si, e tamén moito máis. É un libro de sacrifico e esforzo. É un libro que engloba a vida e toda a tradición atlética de Etiopía dende os ollos da pequena Genet. É a historia dunha nena que nace allea ao mundo, e nese recuncho perdido ela é libre para correr ata tocar as nubes, “correr e correr polo ceo e o ventre aberto da montaña”. E correr sálvaa da guerra, da fame e da pobreza. É unha historia de superación, de paixón; e tamén é un recoñecemento a todas as nenas que corren e a todas as atletas etíopes.


É un libro quizais máis recomendado para nenas e nenos pequenos, mais tamén é unha lectura entretida e sinxela para os maiores. A personaxe principal, Genet, e a súa historia son totalmente ficticias pero os logros deportivos, medallas e marcas pertencen a Tiki Gelana, corredora etíope e gañadora do maratón nas Olimpíadas de Londres 2012.


Un gran libro de María Reimóndez, moi recomendable.


Unha aperta e ata a próxima!

23 views0 comments

Recent Posts

See All

Opmerkingen


bottom of page