Fai pouco que rematei este libro, escrito polo gran experto e adestrador de atletismo Felipe Barata Villapol, e quedei moi impresionada.
Evidentemente escritas por e para os seus e as súas atletas, Felipe presenta cincuenta e sete grandes historias de esforzo e superación, fazañas que quedaron e quedarán gravadas nos recordos de xeracións enteiras.
Grandes duelos, carreiras, saltos e lanzamentos espectaculares e iconas deportivas ateigan estas páxinas xunto con anécdotas e momentos estelares do atletismo.
Poderíase dicir que é unha guía que levará aos afeccionados e afeccionadas deste deporte a través da súa historia.
Son relatos curtos, fáciles de ler e cheos dunha enerxía e emoción que chega do autor ao lector ou lectora páxina a páxina.
Eu, como atleta e como afeccionada ao atletismo, recoméndovos este libro moitísimo.
Unha aperta e ata a próxima!
Kommentare