top of page
Writer's pictureireaferreiro

Nada é imposible



“A menos que un alude, unha pedra ou a vellez veñan a buscarme, seguirei subindo montañas, namorado da lixeireza espida, buscando o movemento ata que o corpo deixe de ter recursos para seguir á mente, e convencido de que o mellor momento e sempre agora , e o mellor recordo será sempre mañá”. Así se define unha vida de dedicación á montaña, de respecto e de admiración ás cumes, ás crestas e aos sendeiros. Así é a vida de Kilian Jornet, campeón do mundo de trail running e esquí de montaña, como a describe no seu libro “Nada é imposible”.



Un libro de obrigada lectura para todo aquel amante das montañas, no que nos achegamos á vida e á traxectoria dun atleta de élite que, máis que para competir, sube ás cumes como unha necesidade vital. Un libro sobre o esforzo, os límites do corpo humano e a fermosura de poñer un pé diante do outro ata tocar o ceo.


Ata pronto!

10 views0 comments

Recent Posts

See All

Corredora

Comments


bottom of page