Correndo por Ourense
- ireaferreiro
- Aug 17, 2020
- 1 min read
O verán é tempo de aventuras, de estar fóra e desfrutar do bo tempo, de ir á praia e á montaña, de ver lugares novos... para chegar ao inverno e á rutina coas pilas cargadas. Agora, xa en agosto e coa sombra de setembro e o comezo do curso escolar achegándose, o corpo pide saír a fóra máis que nunca e lanzarse á montaña.

Desta vez foi Ourense, o concello de Montederramo. Aquí está un dos bidueirais máis ao sur de toda Europa, situado na serra de San Mamede.

A ruta do bidueiral, que percorre uns 30 km (hai outra máis curta), leva a través dos bidueiros e ata a ermida de San Mamede, cunha vistas espectaculares da Serra. É unha ruta perfecta para camiñar mentres aproveitas para recoller os arandos salvaxes que medran á beira dos camiños, ou para correr (aínda que o último quilómetro de ascensión é un pouco máis duro).

Tamén é un lugar cheo de lendas e historias, coma a do Ermitán de San Mamede ou a do home lobo Romasanta.

Un recuncho do mundo ao que merece a pena votar un ollo.
Ata pronto!
Comments