top of page
Writer's pictureireaferreiro

Días malos

Updated: Aug 27, 2020



O atletismo non é só a imaxe que vemos nos periódicos d@ deportista coa súa medalla e o seu sorriso triunfal no máis alto do podio. De feito, iso é tan só a punta do iceberg, debaixo da auga hai moito máis, moitísimo máis. Es@ mesm@ atleta ás veces está de baixón, ou desmotivad@, ou cans@, ou simplemente non ten un bo día. As deportistas non temos adestramento tras adestramento de éxito e mellora, nada máis lonxe da realidade. Unha gran atleta non é aquela que roza a perfección todos e cada un dos días da semana (iso non existe), é aquela que acepta os días malos e continúa sen perder a motivación. Cada vez que teño un día deses preséntaseme unha elección, o sentimento de fracaso ou o sentimento de progreso. E sempre intento elixir o segundo (aínda que a veces non é tan sinxelo facelo como escribilo), porque fallar é parte do progreso, porque non atoparse ao 100% é parte do camiño. Sen días malos non vamos a ningún lado, con eles aprendemos e apreciamos moito máis os nosos éxitos.


Unha aperta e ata pronto!

18 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page