Hoxe en día vivimos nunha sociedade tremendamente influenciada pola aparencia, a pantalla ao exterior. O deporte non se utiliza como método para conseguir un corpo e mente sans, senón para ter un físico que se adapte aos canons de beleza socialmente aceptados.
Moita xente métese horas de ximnasio ou sae a correr co único obxectivo de ter un corpo atractivo, que guste. E as redes sociais tampouco axudan, pois converten o noso físico nun produto de exposición, polo cal outros nos xulgan con máis ou menos likes.
O deporte converteuse na fórmula para ter unha imaxe ideal a ollos da sociedade en lugar de buscar un corpo san e forte, no que nos sintamos a gusto. O que debería ser un espazo de saúde, tanto interna como externa, vólvese todo o contrario.
Tod@s procuramos un corpo fermoso en maior ou menor medida, pero ese corpo ten que nos facer felices a NÓS. Temos que nos sentir a gusto na nosa propia pel e non compracer a todos aqueles que cren que se pode xulgar a unha persoa polo continente en lugar de polo contido.
Un corpo san é o mellor canon de beleza.
Ata pronto!
Comments