top of page
Writer's pictureireaferreiro

5 preguntas e 1 consello: Drew Hunter





Hoxe tráiovos un novo atleta… Drew Hunter naceu en Virxinia, EEUU. Ten unha traxectoria no deporte escolar impresionante e é o posuidor do récord escolar de milla en pista cuberta e 3km. Aos 18 anos firmou un contrato con adidas, converténdose en atleta profesional. É o campión americano 2019 das dúas millas, sexta posición nas USATF Outdoor Championships 2018 e campión do Footlocker XC. Así que, aquí van as 5 preguntas e un consello de Drew. Ao final tedes un vídeo das respostas en boca do propio atleta. Agardo que vos guste!




- Que é o que máis te motiva nos adestramentos?

O que máis me motiva nos adestramentos é saber que me estou preparando para obter os mellores resultados nas carreiras.


- Cal dirías que é a túa maior fortaleza como atleta?

Diría que a miña maior fortaleza como atleta é probablemente a miña mente, sinto que fago un bo traballo preparándome mentalmente antes das grandes carreiras.


- Cal é o maior desafío que enfrontaches na túa carreira?

O maior desafío que enfrontei na miña carreira é definitivamente cando me desgarrei a planta do pé e tiven tres fracturas de tensión no meu pé dereito. Estiven inactivo durante moitos meses e realmente fóra de forma e logo tamén mentalmente estaba esgotado por toda a rehabilitación.




- Cal é o teu maior logro no deporte?

O meu maior logro nos deportes é probablemente gañar o título de EE. UU.


- Cal foi o momento máis vergoñento ou gracioso da túa carreira?

O momento máis vergoñento ou gracioso da miña carreira... ehhh... En realidade non o sei... Esa é unha boa pregunta...


- Que consello lle darías a alguén que está a ter problemas de motivación?

Se estás a ter problemas de motivación eu diría, xa sabes, volve a concentrarte nos teus obxectivos, lembra por que empezaches isto orixinalmente e logo fai que o adestramento sexa divertido, mestúrao, fai algo diferente.




Unha aperta e ata a próxima!





4 views0 comments

Recent Posts

See All

Kommentare


bottom of page