Ola a todas!
Decidín comezar este proxecto, “5 preguntas e un consello”, como un intento de saber o que outros corredores pensan, opinan ou experimentan e comparalo cos nosos propios sentimentos; e tamén, dalgunha maneira, entrar en contacto con atletas doutros lugares e chegar a saber un pouco máis sobre eles. Non sei a onde chegará isto ou se terá moito futuro pero aquí comeza, e cunha das grandes ademais!
Marta Pen é unha atleta portuguesa cunha espectacular carreira internacional e olímpica. Foi seis veces campioa nacional (tendo o récord portugués da milla), representou a Portugal nas olimpíadas de 2016 na proba dos 1500 metros lisos e en 2016 gañou a NCAA outdoor champioships entre moitos outros logros.
- Cando comezou a correr e porque?
Comecei o atletismo de competición dende os 12/13 anos. Comecei por causa do deporte escolar.
- Cal foi o mellor momento da súa carreira deportiva? E o peor?
Teño moitos momentos que foron importantes para min. Moitos meus, outros de colegas de equipa. Gañar a NCAA e a cualificación para os xogos olímpicos probablemente son algúns deses momentos
- Como lle afectou a pandemia en relación ao adestramento? Como ve o futuro do atletismo co coronavirus?
Sinceramente non sei. Máis sei que as organizacións e os atletas están a facer o mellor posible para continuar a crear grades momentos competitivos.
- Que consello lle daría a unha corredor@ adolescente?
Para se divertir! Non hai grandes resultados sen unha vida equilibrada. É importante ter disciplina no adestramento, máis tamén ter tempo para facer todo o que un adolescente normal fai.
Hai tempo para todo porque todo ten o seu tempo.
En fin, isto é todo por hoxe.
Unha aperta e ata pronto!
Comentarios