top of page
Writer's pictureireaferreiro

"É difícil vencer a unha persoa que nunca se rinde"

Updated: Aug 11, 2020

A miña experiencia deportiva comezou fai oito anos, un pouco máis por vontade que por gusto. Aínda que agora, mirando atrás, doulle as grazas ao meu pai por animarme a poñer o primeiro pé nun hábito que quedaría para sempre.








Mais, non vos pensedes que foi todo un camiño de rosas! A primeira vez que saín a correr, con aqueles tres quilómetros en vintesete minutos, medio correndo e medio camiñando, pensei que non sobreviviría nin ao primeiro adestramento. Debo dicir que as miñas primeiras carreiras non foron moito mellores. Nos primeiros anos intentei deixalo varias veces. Unha delas foi non moito despois de comezar a correr. Tomara a decisión de que aquelo era demasiado esforzo e sacrificio para min. Entón sucedeu algo que o cambiou todo...


Por aquel entón eu estaba no club de atletismo Friol, e o meu adestrador Felipe Barata invitara a unha antiga pupila súa e gran saltadora de altura, Saleta Fernández, a entrenar connosco. Para min, aquelo foi inspirador. Para unha nena de nove ou dez anos nos seus primeiros contactos co deporte, poder coñecer en primeira persoa unha atleta internacional foi incrible. Ese día eu fun consciente de todo o esforzo e dedicación que requería estar onde ela estaba. Cando nos dixo aquelo de que comezara do mesmo xeito ca nós, algo cambiou en min. Deime conta de que se abandonaba estaría perdendo a carreira antes de comezala. E continuei correndo, agora xa para sempre.



Que certa é a frase do icono do béisbol americano Babe Ruth: "É difícil vencer a unha persoa que nunca se rinde".


Unha aperta e ata a próxima!


34 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page